Saltar ao contido principal


Desde o programa FAMILIAS ACTIVAS, convídannos a participar no próximo taller con data do 24 de outubro de 2024 ás 18:00h no Pazo de Mos. A entrada é gratuíta. Prégase confirmar asistencia no código QR do cartel.

 

Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2024/25

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2024/2025.  Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 17 de xuño e remata o 15 de setembro de 2024 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periódo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instruccións pertinentes.  As actividades darán comezo o martes 1 de outubro de 2024. RESPONSABLE PRESENTE EN CADA A

NOVA COTA DA ANPA, COTA DE MATERIAL E INSCRICIÓN DE NOVOS SOCIOS PARA O CURSO 2024-25

Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizados nesta escola no v

INSCRICIÓN AULA MADRUGA E COMEDOR FÓRA DE PRAZO

As familias que queiran inscribir aos seus fillos/as no comedor ou na aula madruga unha vez rematado o prazo de inscrición, deberán cubrir os seguintes documentos e envialos por correo electrónico ás empresas que prestan o servizo  e á escola ( ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal ) Formulario de inscrición PLAN MADRUGA orecreoanimacion.galicia@gmail.com Formulario de inscrición COMEDOR adrimialfood@gmail.com