Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.
Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar. GUÍA DE USO DO COMEDOR As normas e procedementos que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. R...