Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2024

Aviso sobre incidentes no comedor

Queridas familias:  Dende a ANPA queremos informarvos que estamos a recibir constantes queixas dos monitores do comedor por exceso de ruido, alboroto, faltas de respecto e educación por parte dalgúns usuarios do servizo. Dende a ANPA revisamos esta situación coas monitoras e tamén coa empresa que subministra o servizo, por se fose un problema de organización ou xestión do comedor. Comprobouse que, efectivamente, existe un mal comportamento xeneralizado por parte dalgúns usuarios que dificulta moito a xestión eficaz do comedor, tanto para as monitoras como para os propios nenos e nenas que usan o servizo.  Por es motivo, dende a ANPA pedimos a colaboración das familias usuarias do comedor. É preciso que faledes cos vosos fillos para mellorar a convivencia. Trátase dun servizo útil para todos que debemos coidar e manter baixo as premisas do respecto e da educación, tendo presentes as normas básicas de convivencia que podedes consultar na web da escola:  https://www.edu.xunt...

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar. O próximo mes de febreiro terá lugar unha charla moi interesante sobre «CIBERACOSO». Estas charlas requiren de inscrición previa mediante  esta ligazón  ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel. Animámosvos a todos a apuntarvos para compartir, aprender, nun espazo ameno e con sesión café ao finalizar.

INSCRICIÓN ENTROIDO 2024

Bos días, Xa queda aberto o prazo de inscrición para participar na comparsa que a ANPA presentará no desfile de Mos (o Domingo11 de febreiro pola tarde). Os disfraces serán os que fagan os nenos/as en cada aula, no colexio, e os maiores copiarános (cada persoa debe obter a información para poder confeccionar o disfraz na casa). Podense apuntar familiares e amigos,  é una sola inscripción por familia, apuntando os nenos e  especificando o final do documento, o número total de persoas que asistirán. Hai de prazo para anotarse ata o venres 26 de xaneiro ás 12.00 horas. Unha vez finalizado o prazo enviaremos un comunicado para indicar unha reunión previa para a organización do desfile.  FORMULARIO DE INSCRICIÓN       

COMISIÓN DE ENTROIDO

Queridas familias, Dende a ANPA comunicámosvos que este ano queremos participar no desfile de comparsas do entroido de Mos (11 de febreiro as 17:30h). A nosa intención non é facer unha carroza... só queremos saír cos nosos fillos a desfilar e pasalo ben, sen traballar moito. Os nenos levarían o disfrace da escola, que os adultos copiaríamos. Este venres ás 20h reunirémonos no comedor para tratar o tema. Quen estea interesado en formar parte da 'COMISIÓN DE ENTROIDO' para aportar ideas e botar unha man, que acuda.  A semana que vén enviaremos un formulario para que todos os que queiran inscribirse o poidan facer. Animámosvos a todos a apuntarvos!!!

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

  Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar. Este mes tocaralle a quenda de anfitrión ao CEIP Santa Maria de Cabral, e terá lugar unha charla moi interesante sobre os cambios na adolescencia e como axudar aos nosos fillos neste proceso. Estas charlas requiren de inscrición previa mediante  esta ligazón  ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel. Animámosvos a todos a apuntarvos!!!