Queridas familias,
Ábrese o
prazo para a reserva de praza para os usuarios do comedor do vindeiro curso 2023/24.
Os alumnos que precisen praza para o comedor deben formalizar a súa reserva a
través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final
desta páxina dentro do prazo que comeza
o 20 de xuño de 2023 e remata o 30 de xuño de 2023. As solicitudes que se
reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas.
Aínda que
este ano non houbo os problemas de número de prazas dispoñibles doutros anos,
si que é certo que houbo xornadas que tivemos o comedor completo. Polo tanto,
imos seguir coas mesmas directrices de reparto de prazas que se dispuxeron o
curso anterior e que se explican a continuación.
Os alumnos
que, no momento da reserva de praza,
sexan usuarios do comedor e as súas familias continúen sendo socias da ANPA no
vindeiro curso 2023/24, terán asegurada a súa praza para o vindeiro curso para
disfrutala como máximo nas mesmas condicións
(é dicir, solicita como máximo os mesmos días que tiñan reservados no curso
2022/23). Aínda así, estes alumnos deben facer igualmente a reserva a través do
formulario online para que podamos contabilizalos como usuarios para o vindeiro
curso. No caso de que algún de estes usuarios queira unha ampliación nos días
de uso e existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, serán considerados
como usuarios novos segundo os criterios de admisión.
Se nalgún
momento, algún alumno por calquera motivo decidise finalmente non acudir ao
comedor e renunciar á súa reserva, debe notificalo expresamente á ANPA á maior
brevidade posible para que outro alumno poida dispoñer da súa praza. En caso de
non notificalo con tempo e dar comezado o servizo, ese alumno terá que abonar o
custo dos menús reservados aínda que non consumidos.
No caso de
alumnos que precisen usar o comedor de forma esporádica en días soltos, deberán
poñerse en contacto coa ANPA cando sexa preciso o servizo para ver a
dispoñibilidade de prazas e tramitar a inscrición á primeira vez. Recomendamos
facelo a través do WhatsApp da ANPA e con tempo de abondo, a lo menos dous días
de antelación.
A
asignación definitiva de prazas notificarase de forma individual a cada alumno
en setembro, antes do comezo do curso escolar. En caso de non haber problema de
prazas, farase unha notificación colectiva e pública a través do blog da ANPA.
MOI IMPORTANTE: O
envío do formulario de reserva de praza NON supón a asignación directa nin
asegura a dispoñibilidade de praza para o alumno. A confirmación de asignación
de praza será comunicada por parte da ANPA en setembro, antes do comezo do
curso escolar. Os alumnos que non teñan praza dispoñible, serán integrados na
lista de espera por orden de solicitude. Ademais, recordade que todos os
usuarios do comedor deben ser socios da ANPA e estar ao día do pago da cota da
ANPA do curso correspondente para poder beneficiarse do prezo reducido do menú
(prazo máximo de pago da cota da ANPA antes de finais de setembro 2023).
CRITERIOS DE ADMISIÓN
PARA USUARIOS NOVOS DO COMEDOR
Cando existan máis solicitudes que prazas
dispoñibles, a admisión dos usuarios realizarase segundo a seguinte orde de
preferencia:
1.
A
solicitude de reserva de praza para o comedor para o vindeiro curso foi enviada
dentro do prazo temporal asignado.
2.
A familia
do alumno solicitante debe ser socia da ANPA e estar ao día dos pagos da cota
da ANPA para que a solicitude de reserva sexa valida. Isto implica que deberá
satisfacer o pago da cota da ANPA do curso 2023/24 antes de final de setembro
de 2023.
3.
O alumno
solicitante foi usuario do comedor escolar no curso anterior e solicita, como máximo, os mesmos días dos que era
usuario do comedor no curso anterior.
4.
O alumno
solicitante ten irmán/s usuario/s do servizo de comedor durante este mesmo
curso.
5.
O alumno
solicitante estivo en lista de espera para o comedor no curso anterior.
6. O alumno solicitante require unha praza de servizo
continuo de 5 días (de luns a venres) de forma fixa tódalas semanas (non de
forma alterna). Estes usuarios, denominados usuarios continuos, terán
prioridade fronte os descontinuos. Para os alumnos solicitantes de prazas
descontinuas, a prioridade establecerase en función do numero de días
solicitados, de maior a menor.
7. O alumno solicitante é usuario ademais do servizo de
madrugadores.
A orde de
admisión decidirse aplicando con carácter sucesivo os anteriores criterios e,
se fose necesario desempatar, empregarase a orde de recepción de solicitudes
(fixándonos na data e hora na que se recibiu a preinscrición). A finalidade
ultima é asignar o maior número de prazas de comedor aos usuarios solicitantes
para facer o uso mais optimizado posible do comedor.
INFORMACIÓN
DO SERVIZO
O servizo
de comedor se ofrecerá de 14:15 a 16:15, pola empresa AdrimialFood S.L. O
horario de recollida dos alumnos empeza ás 15:30 e remata ás 16:15. Non se pode
recoller aos nenos antes nin despois desa franxa horaria.
Prezo do menú normal durante o curso pasado:
o Socios: 4,50€.
o Non socios: 5,50€.
Prezo dos menús especiais (celíacos, dieta branda, sen lactosa, etc.)
durante o curso pasado:
o Socios: 4,50€.
o Non socios: 5,50€.
Estes prezos son indicativos, correspóndense cos prezos do curso pasado. O
prezo depende, entre outras cousas, do número de alumnos inscritos no comedor e
do ratio Infantil vs. Primaria. O prezo será confirmado polo servizo do comedor
en setembro. En caso de haber algún cambio, a ANPA o comunicará polas canles
habituais.
A empresa que realiza o servizo de comedor se porá en contacto con vos para
tramitar o pago do servizo. Tralo envío do formulario online de inscrición, a
ANPA facilitarálles os vosos datos de contacto e os datos da reserva
facilitados neste formulario (nome, teléfono, email, nome do alumno, curso
académico que fai o alumno, días da reserva). É posible que isto teña lugar
unha vez comezado o curso escolar e non antes.
NORMAS
DO COMEDOR
Están publicadas na seguinte ligazón:
https://anpamestrevalverdemayo.blogspot.com/2023/09/novas-normas-para-o-comedor-2023-2024.html
LIGAZÓN
PARA A PREINSCRICIÓN NO COMEDOR
Para acceder ao formulario é preciso clikar aquí:
É preciso cubrir un formulario por cada neno que se vaia a preinscribir.
Non é posible facer un só formulario para dous irmáns, por exemplo. Non se
aceptan inscricións que non sexan a través deste formulario online, é dicir,
non se aceptan formularios por escrito ou por email.