Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2023

ENQUISA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-23

 Queridas familias, Un ano máis, queremos contar coa vosa valoración das actividades extraescolares que xestionamos na ANPA, tanto das propias da ANPA como das que organiza o Concello. Moitas grazas por cubrir a enquisa que atoparedes na seguinte ligazón antes do próximo 30 de Xuño. Accede á enquisa aqui Agradecémosvos moito a vosa colaboración.

INSCRICIÓN NOVOS SOCIOS NA ANPA E PAGO DA COTA PARA O CURSO 2023-2024

Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis. O prazo iniciarase o 20 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2023 . Non se aceptarán inscricións nin pagos fora dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións. COTA DA ANPA 20 euros/ familia (independentemente do número de fillos/as escolarizados). NOVOS SOCIOS Os socios novos, que se asocien por primeira vez, terán ademáis que cubrir un formulario cos seus datos, dispoñible na seguinte ligazón: Fai click aquí COTA DE MATERIAL PARA ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL Aproveitamos para recordar, como todos os anos, que existe a posibilidade de que a adquisición do material escolar esixido para os alumnos de Educación Infantil (4 EI, ...

INSCRICIÓN NA AULA MADRUGA 2023-2024

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Plan Madruga do vindeiro curso 2023/24. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 20 de xuño de 2023 e remata o 30 de xuño de 2023 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. No caso de alumnos que precisen facer uso do Plan Madruga de forma esporádica en días soltos ou ben precisen incorporarse ao servizo unha vez comezado o curso, sexan alumnos novos ou non, deberán poñerse en contacto coa ANPA cando necesiten o servizo para tramitar a inscrición á primeira vez. Recomendamos facelo a través do WhatsApp da ANPA e con tempo de abondo, a lo menos dous días de antelación. Se non, non podemos asegurar dar resposta á tempo. HORARIOS O servizo de madrugadores se inicia ás 07:30 e remata ás 09:00. A monitora do madruga encargase de le...

PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2023-2024

Q ueridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do comedor do vindeiro curso 2023/24. Os alumnos que precisen praza para o comedor deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 20 de xuño de 2023 e remata o 30 de xuño de 2023 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Aínda que este ano non houbo os problemas de número de prazas dispoñibles doutros anos, si que é certo que houbo xornadas que tivemos o comedor completo. Polo tanto, imos seguir coas mesmas directrices de reparto de prazas que se dispuxeron o curso anterior e que se explican a continuación. Os alumnos que,  no momento da reserva de praza , sexan usuarios do comedor e as súas familias continúen sendo socias da ANPA no vindeiro curso 2023/24, terán asegurada a súa praza para o vindeiro curso para disfrutala  como máximo nas mesmas condicións...