Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis. O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024 . Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual. A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20 euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizado...