Saltar ao contido principal

AVISO URXENTE PLAN MADRUGA E COMEDOR


Dende a ANPA informamos que os servicios de comedor e Plan madruga comezarán o luns día 14 de setembro.

Debido a crise orixinada pola COVID-19 e atendendo á normativa vixente para preservar a seguridade dos cativos e cativas usuarios de ambos servizos, cada un deles terá unha mesa asignada de uso exclusivo durante todo o curso.

Deste xeito rogamos a todas as familias que fagan a correspondente reserva de praza ata o día 11 de setembro mediante comunicación á ANPA a través do correo electrónico anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com ou no teléfono 620 160 857 (chamada ou Whatsapp) indicando os datos do alumno (nome, apelidos, curso), días de asistencia,  un teléfono de contacto e se pode ser, unha dirección de correo electrónico. Dita información é imprescindible para á organización de ambos servizos.

Así mesmo, os protocolos de ámbolos dous servizos están dispoñibles no blog da ANPA(anpamestrevalverdemayo.blogspot.com), ao cal se pode acceder desde o apartado ANPA da web do colexio

Antes de facer uso do plan madruga ou do comedor, os pais deberán remitir á ANPA por correo electrónico unha declaración responsable conforme o neno/a non utilizará o servizo con síntomas compatibles coa COVID-19 e conforme participan no comedor ou plan madruga  baixo a súa responsabilidade e despois de ler e comprender os protocolos e normas establecidos para a prevención da COVID 19. Esta declaración poderáse descargar dende o blog da ANPA. Unha vez descargado e firmado poderá depositarse no caixa de correo da ANPA ou ben envíalo por correo electrónico ou Whatsapp.

Lembramos que tamén é necesario avisar ás empresas proveedoras de ambos servizos (O RECREO ANIMACIÓN 604 062 268 e ADRIMIAL FOOD 986 330 546)

Aproveitamos para informar ás familias que todas as novidades respecto á ANPA estarán dispoñibles no blog da ANPA.

Una saúdo,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.


Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2025/26 - PRAZO DESDE O 15 DE XUÑO ATA O 15 DE SETEMBRO

 Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2025/2026.  Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 15 de xuño e remata o 15 de setembro de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Prégase que se faga unha única inscrición e non se dupliquen as peticións. De haber inscricións duplicadas, só se terá en conta a más actualizada. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periodo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp espe...

SOCIOS ANPA CURSO 2025/26 - PRAZO DO 15 DE XUÑO ATA O 30 DE SETEMBRO

  Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 15 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2025 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as esc...

INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2025/26

  Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar. GUÍA DE USO DO COMEDOR As  normas e procedementos  que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. R...