Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

INSCRICIÓN AULA MADRUGA E COMEDOR FÓRA DE PRAZO

As familias que queiran inscribir aos seus fillos/as no comedor ou na aula madruga unha vez rematado o prazo de inscrición, deberán cubrir os seguintes documentos e envialos por correo electrónico ás empresas que prestan o servizo  e á escola ( ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal ) Formulario de inscrición PLAN MADRUGA orecreoanimacion.galicia@gmail.com Formulario de inscrición COMEDOR adrimialfood@gmail.com

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS ANPA CEIP MESTRE VALVERDE MAYO

Pola presente convócase a todos os socios e socias da ANPA do CEIP Mestre Valverde Mayo á  Asamblea Xeral  que se celebrará o vindeiro  venres    20 de setembro  no comedor do centro  ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria  ca seguinte orde do día: 1.-Lectura e aprobación da acta anterior 2.-Presentación e aprobación de contas do curso 2023/2024 3.-Renovación Xunta Directiva 4.-Presentación e aprobación do orzamento do curso 2024/2025 5.-Información sobre o uso dos cartos da subvención do comedor 6.-Información das extraescolares que van adiante neste curso 7.-Rogos e preguntas Saúdos, A Directiva da ANPA