Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar. O 29 de febreiro terá lugar unha charla moi interesante sobre «DISCIPLINA POSITIVA E LÍMITES». Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel. Animámosvos a todos a apuntarvos.