Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2023

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

  Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar. O próximo mes de decembro terá lugar unha charla moi interesante sobre «Acoso Escolar», motivos, síntomas, como afrontalo,…. da man dunha mediadora escolar. Estas charlas requiren de inscrición previa ben no correo ou no teléfono que figuran no cartel. Animámosvos a todos a apuntarvos para compartir, aprender, nun espazo ameno e con sesión café ao finalizar.

Charla Maria Couso Cerebro e pantallas

Dende o CIM de Mos teñen organizada, para o próximo venres 1 de decembro, unha charla coloquio da Pedagoga María Couso (Playfunlearning) para as familias.  A charla será no auditorio do Centro Social de Guizán ás 18:00h. O aforo é limitado, polo que é necesario inscribirse no formulario habilitado na páxina web  https://www.mos.es/charla- coloquio-maria-couso-cerebro- e-pantallas/