Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2022

INSCRICIÓN SOCIOS ANPA 2022-2023

Informámosvos que o proceso de alta de familias socias da ANPA iniciarase o 23 de xuño e finalizará o 30 de setembro. O formulario estará á vosa disposición no blogue a partires desa data e a cuota non variará (20 euros/familia). Este proceso será tanto para novas familias como para socias do ano pasado, xa que as cuotas non están domiciliadas. Recordade que os socios da ANPA disfrutarán de descontos nas tarifas de plan madruga, comedor e actividades extraescolares, subvención dunha porcentaxe en todas as excursións realizadas durante o curso, descontos en establecementos adheridos (amosando o correspondente carné de socio), cuota de material para os cursos de Educación Infantil (os pais farán un único pago anual de 40 € e serán os mestres os que lles vaian proporcionando o material que precisen durante o curso), etc. INSCRICIÓN SOCIOS ANPA

PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2022-2023

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do comedor do vindeiro curso 2022/23. Os alumnos que precisen praza para o comedor deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina do 20 ao 30 de xuño de 2022. Os alumnos que, no momento da reserva de praza , sexan usuarios do comedor e as súas familias continúen sendo socias da ANPA no vindeiro curso 2022/23, terán asegurada a súa praza para o vindeiro curso para disfrutala como máximo nas mesmas condicións (é dicir, solicita como máximo os mesmos días que tiñan reservados no curso 2021/22). Aínda así, estes alumnos deben facer igualmente a reserva a través do formulario online para que podamos contabilizalos como usuarios para o vindeiro curso. No caso de que algún de estes usuarios queira unha ampliación nos días de uso e existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, serán considerados como usuarios novos segundo os criterios de ...

CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA

Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da reunión de fin de curso  da  ANPA o vindeiro mércores desta semana, día   22 de xuño, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria   coa seguinte orde do día :        1-       Lectura e aprobación da acta anterior 2-     Presentación de contas do curso 2021/2022 3-    Presentación e aprovación do orzamento do curso 2022/2023 4-   Posible cambio de empresa do servio de aula madruga 5-     Rogos e preguntas                            Grazas de antemán pola vosa colaboración. Un cordial saúdo.  A directiva da ANPA.

ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023

Este ano queremos facer unha enquisa para valorar as posibles actividades eztraescolares do próximo curso. E importante que respostedes para intentar melloralo servizo. Gracias polo voso tempo. Pinchade na seguinte ligazón. ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023