Boas tardes, Comentarvos que debido ao cambio no protocolo do COVID os nenos poden volver lavarse os dentes no comedor. Por iso pedímosvos que traian un vaso para enxágüe , pasta, cepillo de dentes e un estoxo onde metelo todo. Sería de axuda que puxésedes o nome a todas as cousas, para que os nenos non se confundan. Grazas e un saúdo.