Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2021

NOVO SERVIZO DE PLAN MADRUGA

A partir do día 2 de n ovembro imos cambiar de empresa n o servizo de Plan Madruga . Vaise a ampliar o horario, c omenzando as 7:30 h da mañá. As cotas non se verán modificadas, sendo para os socios: -Usuarios mes completo: 40€ -Usuarios medio mes: 30€ -Usuarios días soltos: 4,50€ E para os non socios: -Usuarios mes completo: 45€ -Usuarios medio mes: 3 5 € -Usuarios días soltos: 5 ,50€ Tendes que facilitarlles os vosos datos á nova empresa para que poida proceder aos cobros. O primeiro día as monitoras enviarán a folla de inscrición nas mochilas de todos os usuarios do plan madruga. Tamén a podedes descargar nesta mesma entrada. Saúdos, INSCRICIÓN SOCIOS INSCRICIÓN NON SOCIOS

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E DO USO DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR

Informamos aos pais e nais de que o concello de Mos acaba de publicar as axudas municipais de libros e material escolar, e uso do servizo de comedor escolar. O prazo de presentación das solicitudes é de10 días, dende o 20 de outubro ata o 3 de novembro . Xunto coa solicitude e os anexos correspondentes, as persoas interesadas deberán de presentar os seguintes documentos:  Copia do D.N.I. da persoa solicitante, do cónxuxe, ou titores no seu caso.  Fotocopia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio entregarase tamén copia da sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.  Declaración da renda do exercicio 2020 da persoa solicitante e, de selo caso ,do cónxuxe ou persoa unida por análoga relación. No caso de non habela feito presentarase un certificado negativo emitido por facenda, así como os xustificantes de ingresos do ano 2020 dos organismos dos que perciba ingresos, Seguridade Social, INEM, Xunta...  Xustificante de matri...

AMPRIACIÓN DO PRAZO PARA PAGAR A COTA DA ANPA

Queridas familias, De forma extraordinaria, ampríase o prazo para pagar a cota de socios da ANPA ata o vindeiro 31 de outubro de 2021. Recórdaselles a tódalas familias que facerse socio da ANPA conleva numerosas vantaxes tales como descontos na cota do plan madruga, no menú do comedor, nas mensualidades das actividades extraescolares ou acceso ao carné de descontos en tendas de Mos e Porriño, entre outras. Así mesmo, en canto a situación epidemiolóxica o permita, ser socio también conlevará numerosas vantaxes adicionais no pago da cota nas excursións o na participación en festas da ANPA.  Para aquelas familias novas  no colexio   así como para calquera outra para a que poida ser de interese, aclaramos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:   Xestionar a compra do material escolar.   Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.   Xestionar as actividades extraescolares.   Subvencionar as ex...

RECORDATORIO PAGO COTAS ANPA E MATERIAL

Queridas familias, Neste curso tan só o material de educación infantil será xestionado polo colexio e a ANPA, sendo o custo o seguinte: Socios ANPA: 40€/alumn@ Non Socios: 45€/alumn@ A xestión de este material realízase do seguinte modo: o colexio encárgase de mercar o material necesario durante todo o curso e repartilo entre @s nen@s; e a ANPA xestiona a recadación das cotas e o pago das facturas das compras realizadas polo colexio.   Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material, e non facelo a través do colexio/ANPA, debe porse en contacto o antes posible coa titora, que lle facilitará o listado de material a mercar. Lembramos que, de facelo así, durante o transcurso do curso tamén será necesario que a propia familia vaia adquirindo o material necesario segundo as necesidades de cada momento. De optar por esta vía debe facerse o antes posible xa que neste momento @s nen@s xa están utilizando o material mercado polo colexio. A cota para s...