Debido a crise orixinada pola COVID-19 e atendendo á normativa vixente para preservar a seguridade dos cativos e cativas usuarios de ambos servizos, coma no curso pasado, cada un deles terá unha mesa asignada de uso exclusivo durante todo o curso. Deste xeito rogamos a todas as familias que fagan a correspondente reserva de praza desde o 16 ata o 30 de agosto mediante comunicación á ANPA a través do teléfono 620 160 857 (chamada ou Whatsapp) indicando os datos do alumno (nome, apelidos, curso), días de asistencia, un teléfono de contacto e se pode ser, unha dirección de correo electrónico. Dita información é imprescindible para á organización de ambos servizos. En canto a praza sexa confirmada por parte da ANPA, as familias deberán avisar ás empresas proveedoras de ambos servizos (O RECREO ANIMACIÓN 604 062 268 e ADRIMIAL FOOD 986 330 546). As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición. Así mesmo, os protocolos de ámbolos dous servizos estarán dispoñibles...