Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da Asamblea anual da ANPA o vindeiro venres desta semana, día 21 de maio, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día : 1- Lectura e aprobación da acta anterior 2- Presentación de contas do curso 2019/2020 3- Renovación da actual Xunta Directiva 4- Rogos e preguntas Na Asamblea vanse tomar decisións moi importantes de cara o vindeiro curso 2021-2022, entre outras, a posibilidade ou non da continuidade do Comedor e Plan Madruga , e demais actividades que son xestionadas pola ANPA. Daquela agradecemos encarecidamente a asistencia á mesma. Nos próximos meses procederase á disolución da actual Xunta Directiva . Por suposto, estaremos á disposición da nova Xunta Directiva para axudala en todo o que precise. Por isto é necesario que este relevo dé comezo o antes posible, para o mante...