Estimadas familias, Debido á crise da Covid 19 e aos protocolos establecidos polo colexio e a Xunta de Galicia, durante este curso o servizo de Plan Madruga ten que contar con dúas monitoras, o que incrementa considerablemente o custo deste servizo. Ata o mes de decembro o concello custeou esta segunda monitora, grazas a unha subvención que recibiron. Desde xaneiro xa non contan con dita subvención, polo que neste momento están a colaborar aportando 200€. Desde a ANPA solicitouse á Concellería de Educación unha aportación maior, pero confirmáronnos que non é posible. Por este motivo, a ANPA vese na obriga de modificar o horario e tarifas actuais do Plan Madruga, con vixencia desde o 01 de marzo. O novo horario será de 08:00 a 09:15 e as tarifas serán as seguintes: Usuarios mes completo: 40€ Usuarios medio mes: 30€ Usuarios días soltos: 4,50€ Saúdos, ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.