Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2020

SAÚDOS

Queridas familias, Pomos en marcha este blog para poder mantervos informados acerca de todas as novidades relacionadas coa nosa asociación. Debido á situación actual provocada pola crise da Covid-19 este ano non nos foi posible levar a cabo a nosa actividade con normalidade, por esa mesma circunstancia tampouco podemos confirmar que servizos  ofreceremos    no próximo curso 2020-2021  nin en que condicións os poderemos ofrecer. Segundo vaiamos tendo certeza iremos publicando neste mesmo blog toda a información. Saúdos, ANPA Ceip Mestre Valverde Mayo.

COTA ANPA

Prezadas familias, O importe correspondente á cota da ANPA é de 20€/familia, p ola contra,  no curso 2020-2021, debido á crise económica provocada pola Covid-19, o impacto que esta está a ter nas familias e a limitación dos servizos da ANPA neste curso o importe da cota terá un desconto do 50%, pasando a ser de 10€/familia. Este pago poderá formalizarse así que comece o curso escolar. Saúdos, ANPA Mestre Valverde Mayo.

QUEN SOMOS

A ANPA é a asociación que conformamos as nais e pais dos alumnos do noso colexio.  A directiva da ANPA está formada por un grupo de nais e pais que, de modo voluntario e sen ningún tipo de contraprestación, encargámonos de desenvolver todas as funcións da asociación como colaboradora da función educativa do colexio, naquelas actividades complementarias á labor dos docentes e dirección do mesmo. A ANPA, como entidade, desenvolve unha labor de contacto e colaboración con distintas entidades educativas e gobernamentais, pondo a atención na existencia continua de melloras nas infraestructuras, dotacións económicas e funcionamento do CEIP Mestre Valverde Mayo, coa intención de que repercuta directamente no benestar de todos os alumnos, mestres e de toda a comunidade educativa en xeral. Por todo isto, e para que cada ano se manteñan e melloren os servizos da ANPA, invitamos a todas as nais e pais a participar como membros da directiva, incorporándovos paulatinamente ó longo do ano, ...

PAGOS

Os pagos á ANPA únicamente poden facerse a través de transferencia bancaria. É imprescindible poñer no concepto ou observacións da transferencia o nome completo do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (por exemplo: María Pérez 4EP Cota ANPA; Anxo Pérez 5EI Cota Material). A conta para a realización das transferencias é a seguinte: ES59 2080 5452 6430 4012 0761

CONTACTO

Podedes contactar con nós a través do noso e-mail ou por teléfono móvil (preferentemente a través do WhatsApp): ✉ anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com ☎ 620 160 857 Intentaremos respondervos o antes posible, en 24-48h aprox. Por favor, tende en conta que a directiva da ANPA está formada por pais e nais voluntarios, que traballan, coidan das súas familias e teñen responsabilidades que compaxinan da mellor maneira posible coa xestión dos asuntos da ANPA.  Informámosvos tamén que a ANPA toma un merecido descanso en xullo e agosto por mor das vacacións estivais. Se queres contactar con nós nesas datas, pedímosche paciencia e que agardes ata setembro.  Moitas grazas pola vosa comprensión e paciencia.